Queremos Galego gaña o xuízo contra a sanción política da Delegación do Goberno pola manifestación do 17 de maio de 2013

Destacado

Queremos Galego gaña o xuízo contra a sanción política da Delegación do Goberno pola manifestación do 17 de maio de 2013

Marcos Maceira: “Atacan o galego con acusacións falsas, deturpando a toponimia ou negando atención a cidadás e cidadás por falaren galego”

“En pleno 2016 sairemos á rúa a defender o dereito a defender o galego que nos quixo roubar o Ministerio do Interior”

“Pedímoslle ao Partido Popular que deixe de molestar as persoas e colectivos que queremos defender con normalidade o galego e a liberdade de expresión”

Seguir lendo

Unha grande manifestación a favor do galego percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”

Destacado

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG

 Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”

 “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”

Seguir lendo

Queremos Galego concentrouse hoxe diante do TSXG na Coruña para frear a nova ofensiva xudicial contra o galego nos concellos

Destacado

Durante o acto entregouse un escrito dirixido ao presidente da Sala que dictou a sentenza conta o galego

 A sentenza do TSXG que elimina o dereito básico a utilizar o galego en servizos privatizados centrará as reinvidicacións da manifestación do 17 de maio que prevén masiva

Seguir lendo

Queremos Galego convoca unha concentración diante do TSXG en rexeitamento á sentenza contra o uso do galego na administración local

Destacado

Terá lugar a quinta feira (xoves) 14 de abril ás 12h na Praza de Galiza da Coruña

 Santiago de Compostela, 05/04/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe novas mobilizacións contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo, que eliminou algúns aspectos fundamentais como o dereito da cidadanía a recibir atención en galego por parte de servizos contratados pola administración a empresas privadas.

Seguir lendo

Queremos galego apela á mobilización social para frear a nova ofensiva contra o galego

Destacado

“A sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo é ideolóxica e supremacista e pretende negar o dereito a atención en galego nos servizos públicos”

 “É preciso modificar as leis para avanzarmos en dereitos e evitar interpretacións contrarias a todos os acordos democráticos”

  Seguir lendo

Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo

Destacado

O primeiro acto contra a sentenza que limita o uso do galego polo concello de Lugo terá lugar o mércores 16 ás 11.30 diante do Concello

A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e unánimes conquistados pola sociedade galega

Seguir lendo

Autobuses Queremos Galego 17M

Aquí dipoñibilizamos a información que nos van remitindo sobre autobuses para desprazarse á manifestación do 17 de maio

  • A Barbanza: Prezo 5€, nenas/os gratis
    • 10h. Saída de Ribeira. Paradas: 10.15 A Pobra do Caramiñal; 10.30 Boiro; 10.45 Rianxo.
  • Vigo: Prezo 5€. Reserva no Tel 986 827900
    • 10h Saída do local da CIG, en r/ Gregorio Espiño .
  • O Morrazo: Saída de Cangas. Reserva e información no local da CIG. Tel 986302987
  • O Porriño: chamar ao local da CIG.
  • A Guarda: Reserva e información no local da CIG Tel 986 610 465
  • Lugo: Prezo 5€. Saída ás 10h da Estación de trens. reserva no local da CIG. Tel 982245023 e 982225812
  • Pontevedra: Saída ás 10.15 h do Pavillón municipal dos deportes. Información e reservas: Tel. 986852950 (CIG) e 986866205 (BNG)
  • Ferrolterra: Reserfas até o venres 13 ás 20h no Tel 981358750
    • Ferrol: saída ás 10h do Teatro Jofre. Regreso ás 14.30. Paradas en Fene Polígono de Vilar do Colo.
    • Narón: Saída ás 10h da Praza de Galiza
  • A Mariña: Prezo 5€, reservar nos Tel 982 140654; 982581861; 605377317
  • A Coruña: Saída ás 10:00h da Praza da Palloza. Parada diante de SEAT MARINEDA (Avda. Alfonso Molina s/n), de onde sairán ás 10:15h. Prezo: 5€ para persoas maiores de 16 anos Reservas nesta ligazón