Queremos Galego concentrouse hoxe diante do TSXG na Coruña para frear a nova ofensiva xudicial contra o galego nos concellos

Durante o acto entregouse un escrito dirixido ao presidente da Sala que dictou a sentenza conta o galego

 A sentenza do TSXG que elimina o dereito básico a utilizar o galego en servizos privatizados centrará as reinvidicacións da manifestación do 17 de maio que prevén masiva

A Coruña, symptoms 14/04/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, buy composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo concentrouse esta mañá ás portas da sede do TSXG, para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo.

20160414_121007_001Durante o acto Queremos Galego fixo entrega dun escrito dirixido ao presidente da Sala, indicando o posicionamento de Queremos Galego contra unha sentenza que elimina aspectos básicos da Ordenanza de uso do galego en Lugo, como o dereito da cidadanía a recibir igualdade de trato ao se dirixir en galego a servizos contratados pola administración a empresas privadas; o recoñecemento do galego como lingua propia e oficial do Concello de Lugo; a rotulación en galego de oficinas, despachos e sinalización viaria; o efecto normalizador das axudas e subvencións; ou cuestións tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego.

Sentenza contra os acordos impulsados coa mobilización social

 O portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, Marcos Maceira, puxo de relevo a existencia neste momento de discriminacións en servizos públicos polo uso do galego: “hai persoas en Galiza ás que se lle negou atención en servizos municipais en Galiza só por falar galego alegando o dereito ao descoñecemento por parte das empresas que prestan o servizo”, precisamente unha das cuestións que viña a solucionar a ordenanza de Lugo e outras que se están a tramitar en Galiza.

“Falamos galego e queremos facelo en liberdade sen coaccións de ningún tipo para que mudemos de lingua, e menos de empresas que deberían estar ao servizo da cidadanía, e non ao revés”, afirmou, para engadir que “parece que coa onda de privatizacións tamén queren recortar o dereito a vivirmos en galego”.

20160414_120211Por este motivo, sinalou o portavoz da plataforma, “temos que rexeitar sentenzas como esta que agreden acordos unánimes” en referencia á lexislación ou acordos nacionais que van deste a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a lei de uso do galego como lingua oficial polas administracións locais; ou internacionais como a Carta Europea das Linguas ou da Declaración universal de dereitos lingüísticos. “Todos eles ratificados por todas as forzas políticas o pasado 15 de xullo a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística”. Non se pode consentir que unha minoría amparada polo poder xudicial actúe contra acordos e dereitos conquistados pola inmensa maioría da sociedade galega

Avances para o galego

Para Queremos Galego non é suficiente frear estes ataques. “Galiza e a súa lingua precisan afondar nunha lexislación que ten que ser máis favorábel ao galego, precisamente para evitar sentenzas como esta, baseadas en interpretacións sectarias, baseadas na imposición de prexuízos seculares e contrarias a calquera paso adiante para a lingua de Galiza que estea encamiñado a conseguir un mínimo de igualdade e de oficialidade real.

Neste senti20160414_121802do o portavoz de Queremos Galego chamou ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feixó a cumprir coa súa obriga de defender o galego e Galiza, comezando por se sumar “ás miles de persoas que reclaman o seu dereito a vivir en galego con plena normalidade e a actuar promovendo mudanzas lexislativas”, tan necesarias, sinalou “cando aínda en 2016 hai máis de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos consinten simplesmente o seu uso”.

17 de maio: o idioma é a vida

O portavoz de Queremos Galego avanzou que o lema do vindeiro 17 de maio será “o idioma é a vida”, comezo dun coñecido verso do poema “A fala” de Manuel María.

Maceira sinalou tamén que agardan un 17 de maio masivo que contribúa dunha maneira decisiva a devolver o galego ao lugar de normalidade e pleno dereito que nunca debeu perder, así como a parar os ataques que está a sufrir con avances significativos.

A campaña do 17 de maio será presentada nos próximos días.