Queremos Galego gaña o xuízo contra a sanción política da Delegación do Goberno pola manifestación do 17 de maio de 2013

Queremos Galego gaña o xuízo contra a sanción política da Delegación do Goberno pola manifestación do 17 de maio de 2013

Marcos Maceira: “Atacan o galego con acusacións falsas, and deturpando a toponimia ou negando atención a cidadás e cidadás por falaren galego”

“En pleno 2016 sairemos á rúa a defender o dereito a defender o galego que nos quixo roubar o Ministerio do Interior”

“Pedímoslle ao Partido Popular que deixe de molestar as persoas e colectivos que queremos defender con normalidade o galego e a liberdade de expresión”

Santiago de Compostela 11/05/2016-. Tras a negativa reiterada da Delegación do Goberno en Galiza e o Ministerio do Interior a retirala, cialis a plataforma queremos Galego gañou no xulgado o recurso contra a sanción imposta por supostos incidentes acontecidos na manifestación do 17 de maio de 2013, advice que nun ambiente alegre e reivindicativo percorreu as rúas da capital galega baixo o lema “non queremos ser estranxeiras na nosa patria”.

O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sinalou como “este ambiente festivo e reinvindicativo foi destacado ao día seguinte por todos os medios de comunicación”, como aconteceu sempre e como aconterá tras a manifestación convocada para este 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”.

Para Queremos Galego, a denuncia dos supostos feitos por parte da policía e da Delegación do goberno, só se comprenden desde a utilización política das institucións a favor dos intereses do Partido Popular, naquel momento á fronte do Concello de Santiago, da Xunta e do Goberno do Estado.

Esta manipulación das institucións por parte do Partido Popular fora explicitada con anterioridade coa negativa municipal a permitir a colocación dun palco ou megafonía, o que foi recorrido no xulgado e gañado por Queremos Galego, ou coa modificación sen tempo do percorrido notificado á Delegación do Goberno, coa pretensión de obstaculizar a reinvindicación a favor da lingua galega. “A negativa de Queremos Galego a ceder ás presión do PP para que a manifestación non se celebrase, foi o motivo real da multa”, denunciaron.

Por desgraza non se trataba de feitos isolados: as mesmas manobras contra as manifestacións a favor do galego por parte do PP repetíronse sucesivamente desde 2010, a única diferenza é que no 2013 pretenderon engadir unha multa, alegando feitos que como ficou demostrado no xuízo, de realmente se teren producido, foron absolutamente alleos á organización, que puxo, como en todas as ocasións, un servizo de orde de voluntarias e voluntarios perfectamente identificados para o seu correcto desenvolvemento.

Segundo o portavoz de Queremos galego “o PP, non contento con pór todos os medios para impedir que a manifestación a favor do galego transcorrese con normalidade, decidiron impor unha sanción utilizando a mentira e a policía ao seu servizo”. “Dóelles o galego e dóelles que a sociedade se mobilice para defendelo con alegría e pacificamente” sinalou, para resaltar que “a manipulación e a difamación foi absolutamente groseira”.

Maceira agarda que non se volten repetir feitos como estes “que o partido de goberno, o PP, manipule a policía e o ministerio do interior contra un dereito fundamental, o de manifestación, exercido para defender outro, o dereito a vivirmos en galego, di moito do seu nivel ético e democrático”, e reiterou a exixencia ao Partido Popular de que “deixe de molestar as persoas e colectivos que queren exercer con normalidade a liberdade de expresión e neste caso concreto, os que defenden a lingua galega”.

Queremos galego convoca para este 17 de maio outra manifestación co lema “o galego é a vida”, tirado dun verso de Manuel María, activista da lingua, participante habitual das mobilizacións a favor do galego e autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas.

“Este 17 de maio voltaremos ás rúas non só para reivindicar a nosa lingua senón tamén o dereito a facelo que nos quixo roubar o Ministerio do Interior, o mesmo que vulnera a legalidade con acusacións falsas, deturpando a toponimia, ou negando atención a cidadás e cidadás por falaren galego en trámites que ademais son de obrigado cumprimento”.

A manifestación sairá ás 12h da Alameda de Santiago e ten prevista unha participación masiva. No acto final, que se desenvolverá na Praza da Quintana,contarán coas actuacións musicais de Mini e Mero e Fran Amil e A tribo incomprensíbel, xunto con lecturas de texto de Manuel María a intervención do Portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira.

QG-4O portavoz da plataforma defendeu a necesidade de saír un ano máis á rúa para “defendermos a lingua galega como elemento de unión e para garantir a convivencia en condicións de igualdade dentro do pobo galego e nas relacións con outros pobos, xustamente o que quixeron atacar o PP utilizando a polícía, a Delegación do goberno e o Ministerio do Interior