Queremos Galego anima a aumentar a presión social tras a exitosa macromanifestación do 8 de febreiro.

A macromanifestación do 8 de febreiro foi unha mostra máis da unidade da sociedade galega en torno á súa lingua da que só se autoexcluiu unha parte do PP.

Marcos Maceira: “reclamamos que se apliquen xa os acordos e a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego no ensino”. Seguir lendo

8 de febreiro. Polas fillas dos nosos fillos. #QueremosGalego

Miles de persoas e colectivos representativos da ampla diversidade social que defende a nosa lingua mostraron estes días, decease por diferentes medios, ed o seu apoio á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego de manifestación para este 8 de febreiro en Santiago.

Destacamos a continuación dous vídeos de apoio á manifestación que partirá ás 12h da Alameda de Santiago  e que contaron coa participación das seguintes actrices e actores: Ricardo de Barreiro, Quico Cadaval, Pepe Penabade, Laura Ponte, Lucho Penabade, Pepe Penabade, Isabel Risco, Teresa Rodríguez e Iria Sobrado.