QUEREMOS GALEGO VALORA COMO UN “EXITAZO” A MANIFESTACIÓN DO PASADO DOMINGO E ANUNCIA NOVAS ACCIÓN EN DEFENSA DO GALEGO

Carlos Callón: “A  enorme participación supón máis vento nas velas para continuarmos as mobilizacións en defensa da nosa lingua”

 A plataforma continúa a recoller sinaturas a favor do manifesto “Queremos galego na escola”, que xa foi asinado por persoeiros como Manuel Rivas, Luís Iglesia, Comba Campoy, Mónica Caamaño, Agustín Fernández Paz ou Xosé Lois “O Carrabouxo”

Rolda de imprensa 1-2-13

Rolda de imprensa 1-2-13

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades sociais de todos os ámbitos, valorou hoxe a manifestación celebrada o pasado domingo 27 de xaneiro como un “exitazo da sociedade galega” a favor da súa lingua. Para a plataforma cidadá, o enorme apoio mostrado nas rúas de Compostela é unha mostra máis da ampla adhesión social á lingua galega, que se une ás masivas manifestacións dos últimos catro anos, que foron as maiores mobilizacións da historia de Galiza en defensa do seu idioma.

 “As mentiras de Núñez Feijóo teñen as pernas curtas”

A respecto do anuncio do goberno de Núñez Feijóo de recorrer ao Tribunal Supremo as sucesivas sentenzas do TSXG que deixan fóra da lei o núcleo central do mal chamado decreto do plurilingüismo, a plataforma sinala en primeiro lugar “como a mentira ten as pernas curtas”. Segundo declara o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, “se Núñez Feijóo comezou dicindo que as sentenzas do TSXG lle daban a razón á Xunta, como é recorre unhas sentenzas que lle son favorábeis? É que nos toman por parvos?”

Ademais, segundo explica Callón, “é a primeira vez na historia da democracia, en todo o Estado español, que un goberno recorre aos tribunais en contra da súa propia lingua”. O portavoz de Queremos Galego tamén lembra que “o goberno de Núñez Feijóo vai malgastar diñeiro público nos tribunais en plena crise económica para atacar xustamente o que debería defender”. Ademais, salienta que “ataca o noso idioma, factor esencial da cohesión social, cando o precisamos tantísimo nestes tempos convulsos”.

A este malgasto de diñeiro público nos tribunais hai que lle sumar os millóns de euros que a Xunta queimou en libros de texto polo simple feito de estaren en galego e a intención do Goberno central de obrigar á Administración a pagar a educación privada do alumnado cuxos pais queiran garantir o suposto dereito á ignorancia na propia lingua, a través do proxecto de LOMCE, máis coñecida como Lei da Wertgoña.

Queremos Galego lembra tamén o estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística que sinala que nas cidades galegas o 95% da educación infantil se imparte exclusivamente en castelán, amparado polo decretazo contra o galego.

Calendario de mobilizacións

Despois do amplo respaldo social mostrado na manifestación do domingo, a plataforma cidadá continuará as accións en defensa do galego e está xa a traballar nun calendario de mobilizacións que inclúen a recollida de sinaturas a favor do manifesto Queremos Galego na Escola e actos en todas as comarcas de Galiza. Estas actividades culmirán coa convocatoria a toda a sociedade galega a participar o 17 de maio, precisamente o día no que se festexa o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, primeiro libro escrito integramente en galego e que marca un fito “na recuperación da identidade de Galiza”.

O manifesto “Queremos galego na escola” conta xa con 4.500 sinaturas na súa adhesión en liña, que inclúen persoeiros destacados da cultura e sociedade galega, como a actriz Mónica Caamaño, a actriz e xornalista Comba Campoy, o escritor e crego Xaquín Campo Freire, a directora e dramaturga María Armesto, os escritores Antón Riveiro Coello, Agustín Fernández Paz, Paco Martín, Xesús Rábade Paredes, Xosé Lois García, Manuel Rivas, Lois Diéguez, as escritoras Helena Villar Janeiro e Marilar Aleixandre, o humorista Xosé Lois González, os músicos Magín Blanco, ou a cineasta Margarita Ledo. Este manifesto pódese descargar da web queremosgalego.org ou asinar on-line.

Autobuses para a manifestación do 27 de xaneiro

Iremos actualizando aquí os datos dos autobuses que sairán o vindeiro día 27 de xaneiro cara a manifestación nacional pola lingua que nos une, purchase en Santiago de Compostela.

*COSTA DA MORTE – BERGANTIÑOS

Saída de Cee ás 10 hs.

Saída da Laracha ás 10 hs. Parada en Carballo ás 10:15 hs.

En ambos casos as viaxes realizaranse sempre que haxa un mínimo de persoas anotadas e cobrarase 2€ por cada unha, abortion sendo a data límite para se anotar a quinta feira, día 24 de xaneiro.

Teléfonos onde anotarse:

Cee: 981 745 266 (Local da CIG)
A Laracha-Carballo: 653 618 955 (Xosé Cotelo)

*OURENSE

Prezo estimado de 6€. Último día para se anotar 25 de xaneiro ás 12.00 mañá

Anotarse na CIG: 988 238 350.

*A MARIÑA

Sairán autobuses desde Foz, Burela e Ribadeo.

Máis información CIG Burela: 982 58 18 61

*FERROLTERRA

Saída ás 10 h. Sairán buses de:

  • Narón – perante á Casa do concello de Narón. Reservas Local comarcal da CIG-981 35 87 50 ou Ana-689 39 28 61
  • Ferrol – perante ao local da CIG (Esteiro). Reservas Local comarcal da CIG-981 35 87 50 ou Ana-689 39 28 61
  • San Sadurniño: Saída ás 10 da Casa do Concello de S. SadurniñoInscricions: 670854329 (Suso)

Custo 6 euros.

*O CONDADO

Saídas:

  • Mondariz: ás 8:50 (diante da igrexa)
  • As Neves ás 9.30 da mañá.
  • Ponteareas ás 9.45 hs.
  • O Porriño: ás 10.00 da Rúa Antonio Palacios (Casa Sindical). Información na CIG

Prezo: 6€ .

Para se anotar: 699704044
ou correo-e galizanovaocondado@gmail.com
ou a través das redes sociais: Galiza Nova O Condado: https://www.facebook.com/galiza.novaocondado?fref=ts

*MUROS – NOIA

  • Porto do Son:P Saída ás 10.30 de enfronte á Lonxa Vella.
  • Noia: Saída ás 11.00 da estación de autobuses.

Prezo: 3€

*A CORUÑA

Saída: ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza da Coruña.

Para se anotar: teléfono 981 169 293 ou correo electrónico aos enderezos-e acorunha@queremosgalego.org ou acorunha@galizacig.net, a máis tardar a quinta feira (xoves) día 24 antes das 20h.

Prezo: 3 €

*PONTEVEDRA

Saída: ás 10:30 h do pavillón dos deportes.

Para se anotar: local do BNG: 986 866 205 ; local da CIG: 986852950

 

*A BARBANZA

Saídas de:

  • Ribeira (Estación)  10.15 hrs.
  • Póboa (Estación) 10.30 hrs.
  • Boiro (Fronte Concello) 10.45 hrs.
  • Rianxo (Peirao Setefogas) 11.00 hrs.

Prezo (3.00 €). Horarios orientativos.

 

*LUGO

Saída: ás 10:00 do edificio sindical (Ronda da Muralla)

Anotarse en: BNG: 982 280 410 ou CIG 982 225 812.

 

*VIGO

Saída: ás 10.00 do local da CIG (Rúa Gregorio Espino 47)

Anotarse en: CIG: 986 827 900 ou CIG-Ensino: 986 827 935.

Prezo: 5-6 euros

*O MORRAZO

Información e inscricións na CIG: 986 302 987

Saídas:

  • Cangas: 10.15 esplanada Praia Rodeira (fronte á casa da Cultura).
  • Moaña:10.30: A Xunqueira

. Prezo: 5€

 

*BAIXO MIÑO

Saída: ás 09.30 da Guarda e paradas até Tui.

Información e reservas: 986610465 (CIG) ou 679986290.

Prezo: 6 € (gratuíto para menores de idade)